Ver comunicaciónsDescripción del Eje Temático
Que o ciberespazo é un espazo
de, por e para a comunicación é un dos preceptos fundacionais do cibersocial. Así pois, é imprescindible analizar o papel que soga a
propia comunicación como fenómeno social:
unha revolución democratizadora que se ve expresamente reflectida nos
novos formatos comunicativos provocados por Internet, o seu impacto nos
mass media tradicionais, a aparición de múltiples
formas de comunicación e publicación persoal ou grupal, o xurdimento de multitude de
novas fontes e canles informativas, as formas de uso dos mesmos, etc.
Por outro lado, a cultura e o cultural ten un papel explicitamente preponderante na sociedade do coñecemento. Non en vano, cultura e coñecemento poden incluso chegar a funcionar como sinónimos. Internet e os novos medios de comunicación son, sobre todo,
canles e espazos de e para a cultura e o coñecemento, algo que en ningunha revolución tecnolóxica anterior ocorrera.
Así pois, a
creatividade cultual, literaria e artística atopan nos novos formatos e nas combinacións cos
vellos soportes un espazo de experimentación que se manifesta, en ocasións como a
crista da ola da sociedade do coñecemento. O que ocorre en Internet ten que ver, sobre todo, con persoas e colectivos facendo e compartindo cultura, de modo que o cultural atopa, na sociedade do coñecemento, un novo rol de inusitada preponderancia. Para elo, a
xestión do cultural e das institucións culturais convértese nun ámbito
estratéxico como espazo clave de innovación para unha sociedade autenticamente
do coñecemento.
Grupos de Trabajo de este Eje Temático
C-1 Periodismo e os novos medios dende unha perspectiva interdisciplinaria
C-2 Medios, novas tecnoloxías e sociedade
C-3 Xornalismo libre e aberto: participación, compartición, cidadanía e alternativas derivadas das novas tecnoloxías
C-4 A web audiovisual: participar, comunicar, crear
C-5 Entornos dixitais e xestión da cultura
C-6 Transformacións comunicativas en organizacións e institucións no contexto da Sociedade da Información
C-7 Narrativa Dixital. Literatura e literaturas na sociedade dixital. Novos xeitos de comunicación, novas formas de creación
C-8 Desenvolvemento de contidos e novos formatos para as novas ventás de difusión audiovisual
C-9 Arte, creación e novas tecnoloxías
C-10 Comunicación Audiovisual e Cultura Dixital
C-11 O universo visual da Cibersociedade
C-12 Xornalismo blog
Comunicaciones
C. A promessa do audiovisual interativo
C. Setenta años después: Memoria de la Guerra Civil y las Brigadas Internacionales en la Red.
C. Televisión, tecnología digital y Estudios Culturales. Del living a lo portátil, nuevas encrucijadas sobre el contexto
C. Los retos de la tecnología digital en los medios de comunicación audovisuals