No mes de novembro de 2006 celebraremo-la
terceira edición do Congreso ONLINE do Observatorio para a CiberSociedade que terá como cabeceira a frase
Coñecemento aberto, sociedade libre. Logo das edicións de
setembro de 2002 e de
novembro de 2004, o OCS quere apostar pola continuidade e tentar consolidar esta actividade que xa é, por traxectória, prestixio e capacidade de convocatoria, unha das citas máis importantes para a reflexión académica e social sobre a nova sociedade tecnolóxica.
A dirección temática do congreso fué elaborada polo Comité Cientifico ao longo dos últimos meses. Baixo o título
Coñecemento aberto, sociedade libre e cunha liña editorial de referente, volverase a situar o
cibersocial no punto de análise. Podemos adiantar, a
grosso modo, cal será a orientación xeral que se adoptará. Esta pretende continuar o camiño iniciado cos dous congresos anteriores, preguntandonos qué é e como se construe (construirá) a sociedade do coñecemento. Así, en novembro, avanzaremos un paso máis nesta progresión e porémonos ao dia dos movementos e das inquedanzas máis actuais da cibersociedade, plantexándonos cuál é a sua natureza e reflexionando sobre o presente e o futuro do
coñecemento nesta
Era da Información. É posíbel un coñecemento libre ou aberto? Cales son as bases destes planteamentos, cales os seus obxectivos e cales poderían ser as suas consecuenzas?
Este congreso, ao igual que as duas anteriores edicións, apela ao colectivo de investigadores, pero mais ainda ao dos
protagonistas, a sociedade civil, as empresas e instituizóns, etc. O ciberespazo non é un lugar limitado, se non polo contrario, un espazo en movemento constante para a interrelación, a interconexión, a sinerxia e, por que non, tamén a confusión.
O III Congreso ONLINE do OCS preséntase como, e pretende chegar a ser, un espazo plural en onde se aunen entornos de participación, retóricas e formatos diferentes. Un lugar onde todos os discursos podan atoparse e establecer un diálogo ao redor dun entorno que, cremos firmemente, elle o máis axeitado: o própio ciberespazo.